O Rechuncho da palleta inicia a nova tempada 26-27
Este domingo o compañeiro Gustavo Couto voltou ás instalacións da Radio Galega para dar comezo a unha nova tempada do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.