Audición de final de curso da Tradescola no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Seguimos coas celebracións do peche de curso. Esta semana a Tradescola celebrará a tradicional audición de final de curso, un encontro no que o alumnado adulto da escola amosará o traballo realizado ao longo do ano nas aulas de música tradicional e baile galego.
O concerto terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, o vindeiro martes 16 de xuño ás 19.00 horas, con entrada libre ata completar aforo. O público poderá desfrutar dunha tarde chea de música e movemento, protagonizada polos grupos e formacións que integran a vida diaria da Tradescola.
Ao longo da audición, o alumnado interpretará pezas do repertorio tradicional galego con gaitas, percusións, requintas, acordeóns, zanfonas, canto,… ademais de mostras de baile tradicional. Será unha ocasión especial para recoñecer o esforzo, a evolución e a ilusión de todas e todos os participantes.
Con este concerto, a Tradescola reafirma o seu compromiso coa transmisión da música e o baile tradicional galega, celebrando un ano máis de aprendizaxes compartidas e de crecemento comunitario.
Agardámosvos para acompañarnos e disfrutar da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional nesta festa de peche de curso!