Queres formar parte da Agg?
Faite soci@. Descarga o boletín de inscrición e envíanolo a través do enderezo agg@agg.gal ou por correo ordinario a:
Asociación de Gaiteir@s Galeg@s
Lugar de Quintán, 4 - Viascón
36121 Cerdedo-Cotobade
Por qué debes asociarte?
- Formarás parte da entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galicia.
- Cooperarás nun proxecto colaborativo que defende a cultura tradicional galega como un valor da nosa identidade.
- Contribuirás á conservación e difusión do patrimonio cultural galego.
- Participarás activamente no fortalecemento e preservación da música e o baile tradicionais galegos.
- Estarás informado sobre o traballo da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.
- Beneficiaraste dos servizos e actividades que realiza aAGG.
- Disfrutarás de descontos exclusivos nas iniciativas da AGG; publicacións, activades, clases da Tradescola,...
- Poderás participar nas Asambleas e expoñer os teus proxectos en virtude da música e o baile tradicionais galegos.
- A túa aportación como soci@ nos permite levar a cabo proxectos en beneficio da nosa música e baile tradicionais.
- Porque sen a colaboración de todos os asociacid@s non sería posible a continuidade deste proxecto.