Cristian Silva visita o Recuncho na palleta
O pasado domingo o compañeiro Ramón Dopico foi o encargado de guiar nunha nova edición do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.