O gaiteiro Manu Seoane visita o Recuncho da palleta
O pasado domingo o compañeiro Xaime Estévez foi o encargado de guiar nunha nova edición do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.
Nesta ocasión Xaime ofreunos a segunda entrega do seu ciclo “Novas Estrelas Da Música Tradicional”, proposta que ten como obxectivo presentarnos a novos músicos que destacan no mundo da música tradicional galega. Neste ocasión coa visita Manu Seoane.
Podes escoitar o podcast na Radio Galega:
Recibimos a visita do gaiteiro Manu Seoane | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 18.10.26