A AGG organiza a XIII edición das Xornadas arredor da música tradicional
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 24 de outubro unha nova edición das Xornadas arredor da música tradicional, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que acada este ano a súa décimo terceira edición. A actividade, desenvolvida en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, terá lugar na Casa da Gaita, en Viascón (Cerdedo-Cotobade).