A AGG organiza a XIII edición das Xornadas arredor da música tradicional

A AGG organiza a XIII edición das Xornadas arredor da música tradicional

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 24 de outubro unha nova edición das Xornadas arredor da música tradicional, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que acada este ano a súa décimo terceira edición. A actividade, desenvolvida en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, terá lugar na Casa da Gaita, en Viascón (Cerdedo-Cotobade).

As xornadas manteñen o seu espírito fundacional: poñer en valor o traballo de investigación, recuperación e divulgación da música tradicional galega, reunindo especialistas, intérpretes e persoas investigadoras nun espazo de encontro aberto ao público.

📅 Programa das XIII Xornadas arredor da música tradicional

  • 10.30 h – Apertura e presentación das xornadas
  • 10.45 h – Relatorio I: “Chaves ao Punteiro”. Fou Pose, Chema Cebeiro, Ezequiel Padín e Oli Xiráldez
  • 12.45 h – Descanso
  • 13.10 h – Presentación de publicacións: “Axudádeme a Cantar. Guía docente”, Renée DePalma
  • 13.30 h – Pausa para xantar
  • 16.00 h – Presentación de publicacións: “Homenaxe á avoa María de Rial do Mato”, Chema Cebeiro
  • 16.20 h – Relatorio II: “Achegamentos culturais: relacións entre a música tradicional galega e irlandesa”, Sara Coello
  • 17.20 h – Descanso
  • 17.45 h – Relatorio III: “A vida do gaiteiro non sempre foi así: factores que influíron no devir dos gaiteiros do sur pontevedrés”, Xerardo F. Santomé
  • 18.45 h – Presentación de publicacións: “Proxecto Luís Soutullo – Gaiteiros e bandas de Ponteareas anteriores a 1950”, Xerardo F. Santomé

📍 Lugar : Casa da Gaita – Viascón (Cerdedo-Cotobade)

📆 Data: Sábado 24 de outubro

🎟️ Entrada de balde ata completar aforo

A AGG organiza a XIII edición das Xornadas arredor da música tradicional

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.