A XXVII edición do Memorial Ricardo Portela homenaxea a José Fernández Canosa “O Ghaiteiro do Piñeiro”
A cidade de Pontevedra acollerá os días 10, 11 e 12 de xullo a XXVII edición do Memorial Ricardo Portela, unha das citas máis emblemáticas da música tradicional galega. A Praza da Ferraría converterase, durante tres xornadas, nun espazo de encontro para artesáns, agrupacións de música e baile tradicional e público de todas as idades, cunha programación que combina concertos, homenaxes e pasarrúas polas rúas e prazas do centro histórico.
Nesta ocasión, o encontro renderá homenaxe a José Fernández Canosa, coñecido como “O Ghaiteiro do Piñeiro”, figura fundamental na transmisión das tradicións de Aldán, especialmente da danza e dos Reis de Aldán, que mantivo vivas ao longo de case medio século de actividade musical.
O evento inclúe tamén a XXIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que reunirá a doce creadoras e creadores especializados na construción de gaitas, percusión, corda e outros instrumentos da tradición galega.
Programación por días
Venres 10 de xullo
- De 17.00 a 21.30 h – XXIV Mostra de Artesáns
- De 17.30–20.30 h – Pasarrúas: Cantigas e Frores, Herba Grileira e Par de Par
- 21.00 h – Concerto: Acordeireta
Sábado 11 de xullo
- De 11.30 a 14.00 h e de 17.30 a 21.30 h – XXIV Mostra de Artesáns
- De 11.30–13.30 h e 18.00–20.30 h – Pasarrúas: Airiños de Carril, Gaiteiros das Rías Baixas, Os Enxebres de Cacheiras e Os Picurruchos
- 21.00 h – Homenaxe a José Fernández Canosa “O Ghaiteiro do Piñeiro”
- 21.15 h – Concerto: Cantares do Brión
Domingo 12 de xullo
- De 11.30 a 14.00 h e de 17.30 a 21.30 h – XXIV Mostra de Artesáns
- De 11.30–13.30 h e 18.00–20.30 h – Pasarrúas: Boudebou, Faíscas de Solobeira, Os Folieiros e Picuiña
- 21.00 h – Concerto: Zarandela
🛠️ Artesáns participantes
- Alberto Pires / Gaitas / Pontesampaio
- Artesanía JMR / Instrumentos de percusión e accesorios para música / O Pino
- Iago Salgado / Instrumentos tradicionais / Teo
- Lorena Reinaldo /Instrumentos de corda / Soutomaior
- Master gaita / Gaita electrónica / Sada
- Miguel Rivas / Percusión e vento / Vigo
- Oli Xiráldez / Gaitas e requintas / Calo - Teo
- Queima / Vento e percusión / Redondela
- Roi Earan / Luthier / Pontevedra
- Tunhas / Percusión / Ames
- V. Martín González / Luthier. Construción e restauración de instrumentos de corda / Vilaboa
- Xaneco / Percusión e zanfonas / Outeiro de Rei
Un encontro para celebrar a tradición
Organizado pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteras Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra, o Memorial Ricardo Portela reafirma cada ano o legado do Gaiteiro de Viascón, símbolo da gaita galega e da música tradicional.
A homenaxe a“O Ghaiteiro do Piñeiro”súmase á longa lista de recoñecementos que este encontro dedica ás figuras que, co seu labor, contribuíron á conservación e transmisión do patrimonio musical galego
Ven desfrutar dunha das citas imprescindibles onde gozar da música tradicional galega en vivo, coñecer o traballo dos artesáns e sentir o ambiente festivo dos pasarrúas que percorren o corazón da Boa Vila.