Alborada para Rosalía!

Alborada para Rosalía!

Desde a AGG e a Fundación Rosalía organizamos de novo para o 23 de febreiro (Día de Rosalía) a Alborada para Rosalía de Castro!!

Que este 23 de febreiro non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.

Celebra o #DíadeRosalía con nós e a Casa de Rosalía homenaxeando a nosa poeta cunha #AlboradaparaRosalía.

Alborada para Rosalía!

🎶Como participar?

Grava un vídeo botando unha peza na honra de Rosalía (podes facelo lendo, cantando, tocando, bailando,...), e logo compárteo nas redes sociais, entre o día 15 e o día 23 de febreiro, co cancelo #AlboradaparaRosalía, e etiquétanos a AGG (@aggtradiciongalega) e a Casa de Rosalía (@FundacionRosalia).

Entra no mapa (Alborada para Rosalía - Fundación Rosalía de Castro (rosalia.gal)) e coloca a túa localización (onde vas a interpretar a #AlboradaparaRosalía ). * Se queres, tamén nolo podes contar por whatsapp nos tlf. 661637696 ou 626705708 ou por correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal

O día 23 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe a Rosalía.

Dúbidas? Mándanos un correo a secretaria@gaiteirosgalegos.gal

Onde descargar a Alborada de Rosalía?

Letra: https://rosalia.gal/wp.../uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf letra da alborada (rosalia.gal)

Partitura: https://rosalia.gal/.../PartituraAlborada (rosalia.gal)

Manifesto: https://rosalia.gal/.../2024/02/manifesto-alborada-2024.pdf

Anímate a participar e a difundir esta actividade,

Viva Rosalía! Avante a Alborada!

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.