O Serán desta Aldea volve a Mondariz para render homenaxe ás pandeireteiras de Riofrío
O barrio de Riofrío será este ano o protagonista dunha nova edición de O Serán desta Aldea, unha cita que busca poñer en valor as transmisoras da nosa tradición musical e o patrimonio inmaterial dos distintos lugares que conforman o Concello de Mondariz.
Nesta ocasión, a programación estará dedicada ás pandeireteiras de Riofrío, mulleres que contribuíron a manter vivo o canto, o baile e as músicas propias da súa aldea e personificadas nas figuras de
- Hortensia “da Estrela” Antela Iglesias (1937).
- Carme “do Civil” Amil Fernández (1941).
- Cundina“da Achada” González Iglesias (1935)
A través desta homenaxe queremos recoñecer o seu papel fundamental na transmisión da nosa cultura tradicional e agradecerlles todo o legado que chegou ata nós grazas, á súa voz e ao seu saber.
O acto de homenaxe será o eixo central da xornada, un espazo para a lembranza, o recoñecemento e a celebración dun patrimonio que forma parte da nosa identidade colectiva
Como marca a tradición, a celebración continuará cun serán aberto, no que pandeireteiras, bailadoras e público en xeral estarán convidados a participar e compartir música, baile e convivencia nun ambiente festivo e participativo.
Con esta nova edición de O Serán desta Aldea queremos seguir percorrendo os barrios do Concello de Mondariz, recuperando historias, recoñecendo ás persoas que mantiveron vivas as nosas tradicións e creando novos espazos para o encontro arredor da cultura tradicional.
Agardámosvos para compartir unha tarde-noite de emoción, música e tradición.
📍 Praza de Abastos de Mondariz
📅 31 de outubro ás 20h.
Organiza: agg
Colabora: Concello de Mondariz, Deputación de Pontevedra e a agrupación Cear Castromao