XII Memorial Henrique Otero "Máis alá da gaita"
Achégase unha das nosas citas imprescindibles do ano, o Memorial Henrique Otero, na que un ano máis xuntarémonos para honrar e recoñecer o compromiso do Gaiteiro do Fragoso coa música tradicional.
A AGG celebra este ano a XII edición do Memorial Henrique Otero, unha homenaxe-concerto que honra a figura dun dos grandes referentes da música tradicional galega. A cita terá lugar o 11 de abril ás 19:00 h no Auditorio Martín Códax do CSMVigo, con entrada libre ata completar aforo.
Como cada ano, nesta nova edición reuniranse sobre o escenario agrupacións e intérpretes que, ao igual ca nós, senten unha gran admiración e gratitude co Gaiteiro do Fragoso:
- A.F. Breogán de Moaña
- Banda de Gaitas Raigames
- Charanga Traspés
- Conxunto IMPT do CSMVigo
- Etrad Zanfona Ensemble
- Juan Pena
- Noitarega
- O Son do Río
- Os Carunchos
- Ruada Folc de Torroso
O Memorial está organizado pola AGG, coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea, e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Un ano máis, o Memorial Henrique Otero convértese nun punto de encontro para celebrar a tradición, recoñecer o legado e seguir facendo comunidade arredor da música galega.