O Recuncho da Palleta lévanos, durante o mes de febreiro, de paseo polas tradicións entroideiras, de rondalla, a coñecer a presenza da gaita no rock galego e de foliada con Balteira

O Recuncho da Palleta lévanos, durante o mes de febreiro, de paseo polas tradicións entroideiras, de rondalla, a coñecer a presenza da gaita no rock galego e de foliada con Balteira

No primeiro dos programas deste mes de febreiro, Gustavo Couto lévanos de paseo por algúns dos nucleos da tradición entroideira: O Ulla, Vilariño de Conso, Chantada, o Hio, Laza...Con el escoitamos as voces e as músicas do tempo en que o mundo vai ao revés.

O Recuncho da Palleta lévanos, durante o mes de febreiro, de paseo polas tradicións entroideiras, de rondalla, a coñecer a presenza da gaita no rock galego e de foliada con Balteira

Onte o noso compañeiro Gustavo ofreceunos unha nova entrega do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.

Nesta entrega escoitamos as voces e as músicas dalgunhas tradicións entroideiras como as do Ulla, Vilariño de Conso, Chantada, O Hío, ...

O episodio pode escoitarse xa a través do podcast da Radio Galega: 

Sons do entroido | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 01.02.26

Outras entregas do mes de febreiro: 

Recuncho da palleta do día 08.02.26 : Aí ven a rondalla

Xaime Estévez preséntanos a tres dos compoñentes da rondalla de Santa Eulalia de Mos, o grupo no que se inspirou Daniel Sánchez Arévalo para facer a súa película "Rondallas".

Nesta entrega coñeceremos á directora da formación, Irene Anta, e os músicos Paco García e Ignacio Prieto que nos viñeron a explicar cal é o espírito das rondallas da bisbarra de Vigo e como foi o proceso de preparación da película e a súa participación nela.

O episodio pode escoitarse xa a través do podcast da Radio Galega:

Aí ven a rondalla! | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 08.02.26

Rondalla de Santa Eulalia de Mos
Rondalla de Santa Eulalia de Mos

Recuncho da palleta do día 15.02.26 : A gaita galega no rock

Xaime Estévez cóntanos como os grupos de rock quixeron distinguirse cun selo de galeguidade introducindo a gaita nas súas composicións. Escoitamos aos pioneiros, Goma 2, e a outros que seguiron o seu exemplo como Os Resentidos, Celtas Cortos, Rastreros, Os Diplomáticos ou Ruxe Ruxe.

A gaita galega no rock | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 15.02.26

O Recuncho da Palleta lévanos, durante o mes de febreiro, de paseo polas tradicións entroideiras, de rondalla, a coñecer a presenza da gaita no rock galego e de foliada con Balteira

Recuncho da palleta do 22.02.26 : De foliada con Balteira

Ramón Dopico preséntanos Balteira, un grupo recén creado en Betanzos que se centra na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais. Sobre a formación de Balteira, a orixe do nome e os seus proxectos falamos con dous dos integrantes, Cris Sánchez e Pablo Pacior.

De foliada con Balteira | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 22.02.26

Emilio Españadero, Cris Sánchez, Pablo Pacior e Ramón Dopico no previo á emisión do programa
Emilio Españadero, Cris Sánchez, Pablo Pacior e Ramón Dopico no previo á emisión do programa

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.