O Recuncho da Palleta achéganos, durante o mes de xaneiro, á introdución da gaita no pop galego, á presentación do Colectivo Diatónico Galego e aos Cantos de Reis

Xaime Estévez cóntanos como foi a difícil introdución do noso instumento tradicional máis senlleiro, a gaita, nas composicións de música pop.

Portada do disco Petapouco (1979)
Portada do disco Petapouco (1979)

Onte o noso compañeiro Xaime ofreceunos unha nova entrega do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.

Nesta ocasión podemos oír a algúns dos precursores da introdución da gaita no pop galego: Los Tamara, Andrés Dobarro, Petapouco,...

A introdución da gaita no pop galego | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 18.01.26

Outras entregas previas, tamén neste mes de xaneiro: 

Recuncho da palleta do día 11.01.26 : Nace o Colectivo Diatónico Galego

Codia é o nome dunha asociación fundada o pasado ano que reune aos intérpretes de acordeón diatónico galego. aos que o tocan e aos que algunha vez o tocaron. Guillerme Inácio Costa preséntanos á presidenta da asociación, Lucía Santiago, e a un dos seus promotores, Félix Rodríguez. Ademais Miguel Fraguas cóntanos o programa da romaría de San Sebastián que se vai desenvolver en Pontevedra.

Nace o Colectivo Diatónico Galego | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 11.01.26

Foto dalgúns dos compoñentes do colectivo Codia no Recuncho da Palleta
Foto dalgúns dos compoñentes do colectivo Codia no Recuncho da Palleta

Recuncho da palleta do 4.01.26 de xaneiro : Cantos de Reis

Ramón Dopico fálanos dos Cantos de Reis, da súa orixe, das danzas coas que se acompañaban nalgúns lugares e doutras vellas tradicións do Nadal galego. Escoitamos pezas recompiladas no libro "Cantares de Reis", coordinado por Xosé Luis Rivas e editado polo Concello de Boimorto no ano 2006.

Cantos de Reis | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 04.01.26

Cantar de reis do arquivo de Guillerme Inácio
Cantar de reis do arquivo de Guillerme Inácio

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.