O Domingo das Mozas no Recuncho da palleta
O pasado domingo o compañeiro Vítor Otero achegounos á 28 edición do Domingo das Mozas nunha nova entrega do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.
O domingo pasado Lugo gozou dunha nova edición da Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas que cada ano organiza a AGG no marco das Festas de San Froilán e que enche a cidade de música e baile tradicionais e, como é tradición neste espazo, Vítor Otero ofreceunos unha escolma das músicas que soaron en directo.
Podes escoitar o podcast na Radio Galega:
Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 11.10.26