O Rechuncho da palleta lévanos de festival polas terras do Ulla
Este domingo o compañeiro Gustavo Couto achegounos ao Pasabodeghas de San Miguel de Sarandón nunha nova entrega do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.
Para saber máis deste festival de música e cultura galegas que cada outono enche de vida as terras do Ulla estivemos cos organizadores para que nos contasen todo o que nos ofrece a edición deste ano.
Podes escoitar o podcast na Radio Galega:
O Pasabodeghas volve a San Miguel de Sarandón! | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 04.10.26