O novo espectáculo de Et Suseia Danza, mestras de gaita, a memoria viva dos Morenos de Lavadores e o ghaiteiro do Piñeiro estiveron presentes no Recuncho da Palleta do mes de marzo
No primeiro dos programas deste mes de marzo, abordamos o bulliying dende o corpo e a emoción co proxecto artístico e educativo "Erguerse", o novo espectáculo de Et Suseia Danza.
Gustavo Couto ofreceunos unha nova entrega do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.
A obra, da que nos foron falar o propio Gustavo, coreógrafo, a bailadora Iria Portos e o músico Xan Pampín, todos eles integrantes do proxecto, é unha proposta que fala do medo, a humillación e o silencio… pero tamén da esperanza, da transformación e do empoderamento. Unha viaxe emocional para reflexionar, recoñecer e, finalmente… erguerse.
Podes escoitar o podcast na Radio Galega:
Et Suseia Danza érguese contra o acoso escolar | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 01.03.26
Recuncho da palleta do día 08.03.26 : Mestras de gaita
O Dia da Muller convidamos ao Recuncho da Palleta a mulleres que non só tocan a gaita, senon que tamén ensinan como manexar este instrumento nos conservatorios. Xaime Estévez preséntanos a Marina Fernández Vigo, Xiana Teixeiro, Magoia Bodega e Rebeca Carrera.
Mestras de gaita | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 08.03.26
Recuncho da palleta do día 15.03.26 : A memoria viva dos Morenos de Lavadores
Os Morenos era un cuarteto que acadou unha enorme sona na primeira metade do século XX ata o punto de que o grupo ten dedicada unha praza nese antigo Concello, que agora forma parte de Vigo. Hoxe a súa estela séguena Os Erdeiros dos Morenos, que no seu novo disco "Viva Lavadores", recuperan o repertorio da histórica formación coa engádega de composicións propias. Acompáñannos dous deses herdeiros, Antonio Oliveira e Xulio González, aos que entrevistamos coa axuda de Pedro Magariños.
A memoria viva dos Morenos de Lavadores | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 15.03.26
Recuncho da palleta do día 29.03.26 : O ghaiteiro do Piñeiro
O compañeiro Guillerme Inácio dedícalle úlitmo programa do mes de marzo a José Fernández Canosa, "O ghaiteiro do Piñeiro". Inácio fálanos da traxectoria deste músico de Aldán, nado en 1935 e que foi fonte de inspiración para un bo feixe de grupos. Escoitamos tamén algunhas das súas interpretacións, incluidas curiosidades como uns cantos de Reis e unha Danza de Aldán.
O ghaiteiro do Piñeiro | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 29.03.26