O Rechuncho da palleta inicia a nova tempada 26-27

O Rechuncho da palleta inicia a nova tempada 26-27

Este domingo o compañeiro Gustavo Couto voltou ás instalacións da Radio Galega para dar comezo a unha nova tempada do Recuncho da Palleta, o espazo integrado dentro do programa Lume na Palleira, dedicado á divulgación musical e á memoria sonora do país e que cada domingo achéganos unha selección coidada de pezas, historias e referencias que permiten afondar na tradición musical galega.

Nesta primeira entrega da sección, lembramos aos recentemente falecidos Aurita de Miro e Daniel Pazos, ademais de recibir a visita de María de Rial do Mato e os compañeiros da A.C. A Regionalista cos que falamos do libro-disco “Homenaxe”.

Podes escoitar o podcast na Radio Galega: 

María de Rial do Mato canta en directo | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 20.09.26

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.