O mes de xuño trouxo novos episodios do "Recuncho da palleta" dedicados á identidade musical galega
Ao longo do mes de xuño O Recuncho da palleta ofreceu, como é costume, unha panorámica da vitalidade da música tradicional galega.
Podes escoitar os podcast na Radio Galega, con grandes encontros e proxectos que manteñen viva a nosa cultura de raíz ou algunhas características propias da tradición galega.
Xuntanza Folc Follas de Olivar | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 07.06.26
Alberto Pires traenos a Xulio Darriba, un dos responsables da asociación Nós Tamén Imos, organizadora da Xuntanza Folc Follas de Olivar. Este encontro de música popular vaise desenvolver o día13 de xuño na Insua, no municipio de Ponte Caldelas. Contámoslles todo o que teñen preparado.
Fiando na Carballeira do Vilar | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 14.06.26
Alberto Pires trae da man a este espazo a Martín, un dos organizadores da Fiada da Carballeira. Con el falamos da orixe e do programa desta foliada que se celebra en Ponte Sampaio e que chega á IV edición
Xaime Estévez desvélanos a relación que existe entre a música tradicional galega e a zarzuela.
O 'toque de muiñeira vella' coa pandeireta | AGalegaAudio | Recuncho da palleta do 28.06.26
A pandeireta tócase nas muiñeiras cun ritmo específico, pero na tradición galega hai variacións que producen sonoridades diversas. Guillerme Inácio fálanos desas variedades e ponnos exemplos con gravacións realizadas a informantes en distintas comarcas do noso país