Festa de fin de curso do alumnado infantil e xuvenil da Tradescola
A Tradescola celebrará mañá a súa festa de fin de curso do alumnado infantil e xuvenil, unha xornada moi especial, aberta ás familias, na os e as peques da escola amosarán o traballo realizado ao longo do curso nas aulas de música e baile tradicionais.
O encontro, que terá lugar no Centrad, en Lugo, converterá o espazo nun escenario cheo de vida, música e movemento, onde as familias e amizades poderán gozar dunha tarde festiva e participativa.
Durante a celebración, o público poderá escoitar ao alumnado máis novo da escola, que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego e onde o alumnado de baile ofrecerá tamén pequenas mostras coreográficas nun ambiente lúdico e celebrativo.
Con esta festa, a Tradescola quere poñer en valor o esforzo, a creatividade e a ilusión do seu alumnado máis novo, ao tempo que reforza o compromiso coa transmisión da nosa cultura musical desde as primeiras idades.
Será unha tarde para compartir, aprender e celebrar en comunidade. Agardámosvos para despedir o curso con música, alegría e tradición!