A Tradescola celebra as Letras Galegas co ciclo Sons de Maio para Begoña Caamaño
A Tradescola celebrou un ano máis o ciclo “Sons de Maio”, a cita con motivo da celebración das Letras Galegas que volveu a encher Lugo de música e baile tradicionais.
A Tradescola celebrou un ano máis o ciclo “Sons de Maio”, a cita con motivo da celebración das Letras Galegas que volveu a encher Lugo de música e baile tradicionais.
A parroquia de Viascón celebrará este domingo 24 de maio un acto moi especial: a inauguración da nova praza e da escultura dedicada a Ricardo Portela Bouzas, unha das figuras máis destacadas da nosa música tradicional e un referente imprescindible para varias xeracións de gaiteir@s.
Xoán Manuel Tubío, presidente da AGG convoca a todos os socios e socias da AGG, a Asamblea Xeral Ordinaria que se levará a cabo este domingo, 10 de maio de 2026, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda convocatoria , no Auditorio do Museo do Pobo Galego.
O vindeiro 12 de maio, a partir das 16:30 horas, na Praza da Soidade (Lugo), a Tradescola volverá encher de cor, música e tradición a cidade cunha nova edición da celebración dos Maios xunto co noso alumnado máis cativo.
No primeiro dos programas do mes de abril achegámonos a Gaiteiro do Fragoso coa nova edición do Memorial que homenaxea a súa figura e o seu legado.
O pasado 17de abril saía publicado un novo artigo da serie porfiamos no Sermos Galiza do Nós Diario, a sección coa que colabora a AGG mensualmente e que nesta ocasión escribiu o noso directivo Xaime Estévez.
A AGG e Cántigas da Terra en colaboración coa Asociación Entroido de Samede e a Deputación de A Coruña organizamos o vindeiro 19 de abril unhas Xornadas de frauta.
No primeiro dos programas deste mes de marzo, abordamos o bulliying dende o corpo e a emoción co proxecto artístico e educativo "Erguerse", o novo espectáculo de Et Suseia Danza.
A AGG celebra hoxe, 26 de marzo de 2026, un fito moi especial: o 15º aniversario da inauguración de A Casa da Gaita, o espazo expositivo dedicado á historia, evolución e patrimonio da gaita galega. Coincidindo con esta data tan significativa, a AGG presenta dúas novidades fundamentais para reforzar a proxección e accesibilidade deste proxecto cultural: a nova páxina web de A Casa da Gaita e a súa renovada imaxe gráfica, ámbalas dúas subvencionadas pola Deputación de Pontevedra.
O pasado 20 de marzo saía publicado un novo artigo da serie porfiamos no Sermos Galiza do Nós Diario, a sección coa que colabora a AGG mensualmente e que nesta ocasión escribiu o noso directivo Pedro Magariños.
A Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas (AGG), xunto coa área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel, organiza o vindeiro sábado 25 de abril, a cuarta edición das Xornadas de Carballesa, que terá lugar en Seceda do Courel.
A Tradescola celebra o vindeiro mércores 25 de marzo os Sons de marzo, a actividade para compartir co público o traballo que o alumnado desenvolve ao longo do curso. As audicións, que terán lugar nas instalacións do MIHL, reunirán a estudantes de diferentes niveis e especialidades, converténdose nun espazo de encontro, aprendizaxe e celebración da música tradicional galega.