Folión de Fachas de Vilelos, Escairón (O Saviñao, Terra de Lemos). (Foto: Guillerme Ignacio)
Folión de Fachas de Vilelos, Escairón (O Saviñao, Terra de Lemos). (Foto: Guillerme Ignacio)

A transmisión do fogo na sección Porfiamos do Sermos Galiza

O pasado 20 de marzo saía publicado un novo artigo da serie porfiamos no Sermos Galiza do Nós Diario, a sección coa que colabora a AGG mensualmente e que nesta ocasión escribiu o noso directivo Pedro Magariños.

No artigo, que se pode ler completo no Nós Diario, o noso compañeiro Pedro reivindica a tradición oral como un ser vivo en constante movemento. As cantigas viaxan polo tempo e polo territorio, transformándose sen perder a súa esencia grazas a quen as escoita, as interpreta e as transmite.

A través de exemplos musicais —como as versións de Xosé Valiñas que fai propias melodías escoitadas ao azar— sublíñase que a autenticidade non depende da copia literal, senón da fidelidade ao espírito da peza. Fronte á idea de conservar o saber como algo fixo e inmóbil, defénde unha visión dinámica: a tradición é un facho aceso, non unhas cinzas que adorar.

"Nun regato ou nunha fonte, se pechas os ollos, podes oír a voz da señora Carmen de Campos, que nos canta alén do tempo".

A Señora Carmen, de Malvela © Malvela
A Señora Carmen, de Malvela © Malvela

O texto lembra que “tradición” significa precisamente “entrega”, e que só pode sobrevivir mediante un traballo colectivo, diverso e participativo. Por iso conclúe cun chamamento a defender proxectos comunitarios de todo tipo, que manteñan vivo ese lume que pasa de xeración en xeración.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.