A Tradescola enche de música e baile tradicionais o MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

A Tradescola enche de música e baile tradicionais o MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

A Tradescola celebra o vindeiro mércores 25 de marzo os Sons de marzo, a actividade para compartir co público o traballo que o alumnado desenvolve ao longo do curso. As audicións, que terán lugar nas instalacións do MIHL, reunirán a estudantes de diferentes niveis e especialidades, converténdose nun espazo de encontro, aprendizaxe e celebración da música tradicional galega.

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Durante a sesión, o público poderá gozar dunha ampla variedade de interpretacións: desde pezas de gaita, requinta, zanfona, percusión, acordeón, clarinete, canto tradicional e por suposto moito baile, sendo para moitos dos e das participantes a súa primeira experiencia nun escenario, un momento especial para compartir diante das familias, amizades e profesorado o progreso acadado.

  • Mércores, 25 de marzo ás 20:30h
  • No MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo), no Parque da Milagrosa (Frigsa)
Ensaio previo de parte do alumnado da Tradescola nas instalacións do MIHL
Ensaio previo de parte do alumnado da Tradescola nas instalacións do MIHL

Con esta edición do Sons de marzo, a Tradescola reafirma unha vez máis o seu compromiso coa difusión da cultura galega e coa creación de espazos onde a aprendizaxe musical se viva de maneira colectiva, participativa e gozosa.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.