A Tradescola abre o prazo de matrícula para o curso 2026–2027
A Tradescola, centro de ensino de música, canto e baile tradicionais galegos xestionado pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas en Lugo, inicia o prazo de matrícula para alumnado novo entre o 3 e o 11 de setembro, unha oportunidade para incorporarse ás aulas da escola de música e baile tradicionais galegos e formar parte dun proxecto educativo comprometido coa transmisión e co futuro da nosa cultura.