Viascón rende homenaxe a Ricardo Portela cunha nova praza e escultura
A parroquia de Viascón celebrará este domingo 24 de maio un acto moi especial: a inauguración da nova praza e da escultura dedicada a Ricardo Portela Bouzas, unha das figuras máis destacadas da nosa música tradicional e un referente imprescindible para varias xeracións de gaiteir@s.
O espazo, promovido pola Comunidade de Montes, sitúase na Casa do Pobo de Viascón, onde terá lugar o acto oficial de apertura. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s terá o pracer de acompañar á veciñanza nesta xornada de recoñecemento, celebrando a traxectoria e a memoria dun mestre que loitou por dignificar a figura do gaiteiro e da gaita galega e fiel defensor do toque pechado.
Programa:
Mañá de pasarrúas a cargo dos grupos:
- Grupo Tradicional Boavila
- Marmurios de Leucoiña
- AC Afoutes do Canón de Pau
11-14 h. Apertura da Casa da Gaita
11:45 h. Casa do Pobo: Acto inauguración da Para e Escultura Ricardo Portela. Interveñen: Jorge Cubela; alcade de Cerdedo Cotobade, Ernesto Filgueira; Presidente da Comunidade de Montes de Viascón, Alberto Pires; directivo da AGG e familiares de Ricardo Portela.
Visita á "Exposición Ricardo Portela, Inmorrente" cedida pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Óscar Ibáñez, que poderá visitarse na Casa do Pobo de Viascón o domingo 24 de 11h a 13h e os días 27 e 29 de maio de 19h a 21h
Agradecemos o convite e a acollida, e celebramos que o legado de Portela continúe vivo, inspirando novas xeracións de intérpretes e amantes da música galega. A súa figura segue a ser un referente para quen mantemos viva a tradición e traballamos pola súa transmisión.