Aí ven o maio!
O vindeiro 12 de maio, a partir das 16:30 horas, na Praza da Soidade (Lugo), a Tradescola volverá encher de cor, música e tradición a cidade cunha nova edición da celebración dos Maios xunto co noso alumnado máis cativo.
Elaboraremos entre todas e todos un maio, mantendo viva unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura. A escola achegará flores e verde, mais convidamos ás familias e ao alumnado a colaborar traendo fiuncho, fentos, herbas, flores, froitos (como laranxas) ou ovos.
Unha vez rematado o maio, continuaremos a tarde cunha serie de actuacións protagonizadas por diferentes grupos da Tradescola xunto cos seus mestres e mestras, para celebrar a o talento do noso alumnado.
Será unha xornada festiva, participativa e chea de música. Vide construír e celebrar entre todas e todos un maio cheo de vida!