A fronteira de Tui (O Baixo Miño) ao remate do pasado verán. (Foto: Xaime Estévez)
A fronteira de Tui (O Baixo Miño) ao remate do pasado verán. (Foto: Xaime Estévez)

O magosto para agosto e o entroido no verán

O pasado 17de abril saía publicado un novo artigo da serie porfiamos no Sermos Galiza do Nós Diario, a sección coa que colabora a AGG mensualmente e que nesta ocasión escribiu o noso directivo Xaime Estévez.

No artigo, que pode lerse completo no Nós Diario, o noso compañeiro Xaime reflexiona sobre a crecente desestacionalización das festas e tradicións galegas, un fenómeno que —segundo o autor— responde máis a intereses económicos ca culturais.

Na súa reflexión, lémbrase que as celebracións tradicionais nacen ligadas ao ciclo natural, ás colleitas e aos traballos do ano, e que ese encaixe dá sentido á vida comunitaria, alertando de que introducir festas fóra do seu tempo ou importar celebracións alleas pode actuar “como especies invasoras”, desprazando costumes propios e debilitando o patrimonio cultural, ilustrando esta ruptura do ritmo natural e cultural con exemplos como o Nadal que comeza en novembro ou as rondallas actuando en febreiro.

O artigo conclúe cun chamamento a protexer este patrimonio e defender a identidade colectiva: "Os costumes, as tradicións, as festas que temos son do patrimonio máis prezado legado polos nosos devanceiros, motivo sempre de orgullo e garantía de futuro". Na medida en que sexamos capaces de manter as nosas festas no sitio e na proporción que lles corresponde estaremos tamén defendendo a nosa propia cultura".

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.