A Tradescola celebra as Letras Galegas co ciclo Sons de Maio para Begoña Caamaño
A Tradescola celebrou un ano máis o ciclo “Sons de Maio”, a cita con motivo da celebración das Letras Galegas que volveu a encher Lugo de música e baile tradicionais.
Aproveitando que este 2026 está dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a Tradescola ofreceu nos pasados días diversas audicións ao aire libre baixo o ciclo “Sons de maio para Begoña Caamaño” e protagonizadas polo alumnado e o profesorado das aulas de música e baile tradicionais.
Con estes concertos, a Tradescola quixo sumarse aos actos de homenaxe a Begoña Caamaño con motivo das nosas letras e compartir co público un amplo e variado repertorio tradicional. Na Praza da Soidade soaron gaitas, zanfonas, percusións, clarinetes, requintas, acordeóns e voces cantareiras, acompañadas por bailadoras e bailadores que completaron unha xornada chea de música e movemento.
A programación estivo composta por:
- Aulas de gaitas e percusión, previsto inicialmente para o luns 11 de maio pero que pola mala previsión metereolóxica tivo que ser adiado para o luns 18 ás 18:00h.
- Aulas de canto e pandeireta, pandeira e baile tradicional - martes 12 ás 19.00 h
- Aulas de gaitas, acordeóns e a percusión tradicional - mércores 13 ás 19.30 h.
- Aulas de zanfona e canto e pandeireta - xoves 14 ás 19.30 h.
Unha oportunidade para gozar da creatividade do noso alumnado, da labor docente da escola e da forza da tradición que nos une celebrando xuntos e xuntas as nosas Letras!