Alumnado da Tradescola despois da actuación de fin de curso 2025-2026
Alumnado da Tradescola despois da actuación de fin de curso 2025-2026

A Tradescola abre o prazo de matrícula para o curso 2026–2027

A Tradescola, centro de ensino de música, canto e baile tradicionais galegos xestionado pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas en Lugo,  inicia o prazo de matrícula para alumnado novo entre o 3 e o 11 de setembro, unha oportunidade para incorporarse ás aulas da escola de música e baile tradicionais galegos e formar parte dun proxecto educativo comprometido coa transmisión e co futuro da nosa cultura.

Para o curso 2026–2027, que comezará o vindeiro 14 de setembro, a Tradescola ofrece unha ampla variedade de especialidades impartidas por mestres cunha longa traxectoria no eido da música e do baile tradicional:

  • Acordeón: Alberte Núñez
  • Acordeón diatónico: Alberte Núñez
  • Baile tradicional: Xabier Iglesias
  • Canto e pandeireta: Branca Villares e Roberto Rodríguez
  • Clarinete: Lucía Eiros
  • Gaita: Bruno Villamor e Jose Manuel López
  • Pandeira: Branca Villares
  • Pandeiro: Roberto Rodríguez
  • Percusión tradicional: Miguel Anxo López 
  • Requinta: Bruno Villamor
  • Zanfona: Germán Díaz
  • Linguaxe musical: Lucía Eiros
  • Aulas infantís (a partir de 4 anos): Xabier Iglesias
  • Aulas de conxunto: Pedro Pascual

As clases impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.

A matrícula poderá formalizarse do 3 ao 11 de setembro, en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 horas, nos locais da Tradescola situados na Rúa Pintor Corredoira nº 4 (Centro Lug 2). Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 982 229 966, no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou achegarse pola nosa oficina.

Co inicio deste novo período de inscrición, a Tradescola reafirma o seu compromiso coa formación musical e co impulso da tradición galega, convidando a novas persoas a sumarse a unha comunidade viva, diversa e apaixonada pola nosa cultura.

Podes consultar máis información sobre a escola en https://tradescola.agg.gal/

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.