Ordes homenaxea a Manuel Viqueira, o Gaiteiro de Vilaverde
O Concello de Ordes aprobou por unanimidade, no pleno do pasado mes de febreiro, a colocación dun busto en memoria de Manuel Viqueira Vieites, o Gaiteiro de Vilaverde, referente imprescindible da música tradicional na comarca.
A Asociación Os Viqueiras de Ordes convídanos a celebrar a figura do que foi o seu fundador, cunha xornada chea de música e comunidade o vindeiro domingo, 31 de maio
Progamación:
- 11:30h · Alameda de Ordes
Concentración gaiteira aberta a todos os músicos e amigos. Tocaremos xuntos a “Muiñeira das penedas”, do repertorio de Manuel (gaitas en Do), antes de baixar polas rúas ata a praza do Campo da Feira. - 13:00h · Campo da Feira (diante do Museo do Traxe Juanjo Liñares)
Acto de homenaxe e descubrimento do busto de granito dedicado ao Gaiteiro de Vilaverde. - 16:00h · Foliada aberta
Despois do xantar, comezará unha gran foliada con grupos convidados e participación libre. Unha tarde especial para bailar, tocar e lembrar a este vello gaiteiro, que nos deixou en 2015 pero segue vivo no seu repertorio e na memoria de toda a comarca.
Un día para celebrar a tradición, recoñecer o legado e seguir facendo comunidade arredor da música.