Benvida a nova web da AGG

A Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas presenta a súa nova páxina web, unha ferramenta renovada pensada para reforzar o noso compromiso coa música e o baile tradicionais galegos.

Representación visual da web da AGG en distintos dispositivos
Representación visual da web da AGG en distintos dispositivos

Este espazo nace co obxectivo de difundir o patrimonio musical galego, ofrecendo unha información máis clara, accesible e actualizada sobre a actividade da entidade, a súa historia e a súa estrutura organizativa, ao tempo que pon á disposición do sector un repositorio de contidos de interese, concebido como un recurso vivo que medrará co tempo e coas achegas da comunidade.

Este proxecto supón un paso adiante na vontade de servir á comunidade;  un lugar onde atopar recursos, coñecer iniciativas, seguir a programación e achegarse ao traballo que desenvolvemos ao longo do ano. Unha web deseñada para fortalecer a relación entre a asociación, os seus asociados e asociadas e o conxunto de persoas e colectivos que manteñen viva a nosa tradición, con fin de seguir contribuíndo á preservación e difusión do noso patrimonio inmaterial.

Convidámosvos a explorar este novo espazo, pensado para crecer e enriquecerse co tempo, e a acompañarnos nesta etapa que combina memoria e futuro.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.