A Radio Galega Música a análise na sección Porfiamos do Sermos Galiza

A Radio Galega Música a análise na sección Porfiamos do Sermos Galiza

O pasado 23 de xaneiro saía publicado un novo artigo da serie porfiamos no Sermos Galiza do Nós Diario, a sección coa que colabora a AGG mensualmente e que nesta ocasión escribiu o noso directivo Xaime Estévez.

No artigo, que se pode ler completo no Nós Diario, Xaime fai unha análise ao redor de si a Radio Galega Música cumpre a función esperable de difundir a música galega. A conclusión é clara, malia existir un patrimonio amplo, diverso e abondoso, a presenza da música galega na Radio Galega Música é preocupantemente escasa, pois ésta emite apenas un de cada dez temas en galego ou vinculados á cultura do país, unha cifra inaceptable considerando a riqueza musical do país e o papel que debería desempeñar un medio público, e máis tendo en conta que a discografía galega abrangue máis de vinte xéneros distintos, desde coros tradicionais até rock, pasando por pandeireteiras, música infantil, folk instrumental, cantautores, música da diáspora, recollidas de campo ou bandas populares. Un universo creativo que permitiría encher horas e horas de programación variada e de calidade.

O diagnóstico é claro: esta práctica empobrece culturalmente Galicia e deslexitima a razón de ser dunha radio pública galega, sendo necesaria unha mudanza profunda que, mentres non se produza, a sensación é a dunha oportunidade perdida e dunha responsabilidade incumprida.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.