Conferencia: "BIC A Foliada". Rafael Quintía

Conferencias

O Serán desta Aldea... Xornada do Baile Comunal. Ano 2023

Relatorio no que se aborda o proceso de elaboración do informe técnico para a declaración do BIC Foliada así como a realidade sociocultural actual do ben e a súa definición como patrimonio inmaterial.

Charla inscrita dentro das III Xornadas O Serán desta Aldea 2023 organizadas pola AGG en colaboración co Concello de Mondariz e a Asociación Castromao de Mondariz.

Ponente: Rafael Quintía Pereira. Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no CISPAC-Centro Interuniversitario de Investigación en Paisaxes Atlánticas Culturais; Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional na especialidade de Xeografía e Historia. 

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.