Conferencia: “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións”. Xulia Feixoo

Conferencias

O Serán desta aldea... Xornada do Baile Comunal. Ano 2018

Charla impartida por Xulia Feixóo no marco da celebración d'O Serán desta aldea... Xornada do Baile Comunal, organizada o pasado domingo 4 de Novembro de 2018 en Mondariz pola AGG en colaboración co Concello e da Deputación de Pontevedra. Unha xornada lúdica na que compartir tradición, tocando, cantando e bailando.

Esta actividade ten como obxectivo recoñecer a aquelas mulleres que tiveron un papel fundamental na preservación da nosa cultura como as grandes portadoras da nosa tradición. Para elo homenaxeamos cada ano un barrio ou aldea e ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar a estas grandes mestras como referente vivo que teñen que ser. Este ano a xornada estivo centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e as informantes homenaxeadas foron Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartiu a xornada con nós.

Xulia Feixoo é a primeira etnomusicóloga titulada da Galiza (Vigo, 2016), licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música (Compostela, 2010) e titulada profesional en Percusión (Vigo, 2010). A súa actividade investigadora céntrase no estudo e divulgación das músicas de tradición oral de Galiza, sobre as que ten publicado os libros Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… (2017) e Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (2017).

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.