Conferencia: “Os instrumentos medievais no noroeste da Península Ibérica”. Francisco Luengo

Conferencias

Xornadas arredor da música tradicional. Ano 2018

Charla impartida por Francisco Luengo no marco da sexta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 15 - 9 – 2018

Esta conferencia trata sobre os instrumentos medievais do noroeste da península ibérica a traverso da abundante iconografía que deles conservamos, da maneira axeitada de analizar estas imaxes co fin de reprocir os instrumentos e a maneira de enfrontarse a sua intepretación a partir do repertorio e dos paralelos etnográficos. Todo con aporte de instrumentos reconstruídos a partir do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, imáxes, fotos, miniaturas e música.

Francisco Luengo é violagambista e construtor de instrumentos; ás veces director e a miúdo instrumentista. O seu traballo basease fundamentalmente no estudo dos instrumentos representados no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela (s. XII) e na Sala Capitular do anexo Pazo de Xelmírez (s. XIII).

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.