Conferencia: "Os Campaneiros de Vilagarcía". Xaquín Xesteira
ConferenciasHomenaxe Os Campaneiros de Vilagarcía. Ano 2018
Relatorio sobre Os Campaneiros de Vilagarcía a cargo de Xaquín Xesteira* na Homenaxe organizada pola AGG en colaboración con Concello de Vilagarcía o día 6 de outubro de 2018 (* no rótulo do vídeo pon por erro que o ponente é Paulo Nogueira).
Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.
Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.
Xaquín Xesteira Losada é gaiteiro, percusionista, docente e director musical cunha longa traxectoria na música tradicional galega.