Conferencia: “O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muiños

Conferencias

Xornadas arredor da música tradicional. Ano 2019

Charla impartida por María Vidal e Xermán Muiños no marco da sexta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 28/9/2019.

Relatorio sobre o traballo de investigación ao redor do pandeiro tocado con paos levado a cabo conxuntamente por María Vidal, Pichi Abollado e Xermán Muiños, recurrindo a traballos de campo realizados desde principios dos anos 90 por eles mesmos e por outras persoas adicadas á recopilación, estudio e interpretación da música tradicional, como Felisa Segade, Montse Rivera, Carlos Xosé Vidal ou Topo Breijo.

Durante a charla, abórdase, nomenclatura, fisionomía, construción e procedencia do instrumento, onde se atopou, ritmos,...

María Vidal é mestra de canto e percusión tradicional en distintas asociación culturais das provincias de Pontevedra e A Coruña. Adicada ó traballo de campo como fonte principal para a investigación e divulgación da nosa tradición dende 1989.

Xermán Muíños é estudoso e investigador da tradición musical galega desde comezos dos 90, amante e defensor do traballo de campo, ao que ten dedicado boa parte do seu tempo. Tamén se dedica á impartición de aulas regulares e de cursos específicos desde mediados dos anos 90, arredor da tradición musical galega.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.