Conferencia: “O ciclo festivo na Paradanta”. Xerardo F. Santomé
ConferenciasXornadas arredor da música tradicional. Ano 2017
A charla parte dun dos capítulos do libro "CONCHA DE LUNEDA: A VIDA NUNHA CANTIGA", de Xerardo F. Santomé, en fase de edición por Editorial Canela na data desta conferencia, durante a cal abórdanse as características propias nos xeitos de festexar as distintas celebracións do ciclo do ano na Paradanta.
O concepto de «temporalidade horizontal» que na actualidade temos da nosa vida e dos acontecementos, onde todo ten un principio e un final, pouco ten que ver coa a apreciación cíclica dos nosos devanceiros onde todo volta a empezar. Non é que na Paradanta existan costumes diferentes ao resto de Galicia, pero si que ten unhas características propias nos xeitos de divertimento herdados dos seus antergos que a fan un tanto especial. Unha zona que ten o seu punto de referencia na festividade da Franqueira, a onde concorren veciños e veciñas dos concellos de A Cañiza, Arbo, Covelo, Crecente, As Neves… Veremos como celebraban o Natal-e, os ciclos do serán-e, os grandes grupos das grandes festas, os músicos das festas pequenas, os cegos que cantan historias, os desafíos, as influencias musicais galego-minhotas, nanas, habaneiras, Os Teixugos, Os Raposos, as esfolladas, as labradas…
Relatorio impartido por Xerardo F. Santomé no marco da quinta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 16 - 9 - 2017
Xerardo F. Santomé é activista cultural galego, Músico Popular Galego, Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Diplomado en Maxisterio – Ciencias Humanas, Presidente-fundador da Asoc. Gaiteiros da Xistra e Cofundador da Federación Galega pola Cultura Marítima (CULTURMAR).