Conferencia: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

Conferencias

Xornadas arredor da música tradicional. Ano 2018

Charla impartida por Pablo Carpintero no marco da sexta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 15 - 9 – 2018.

Despois de analizar máis de trescentas gaitas de fol antigas no noroeste peninsular fomos quen de establecer unha relacion, moi clara nalgúns casos, entre determinados aspectos destes instrumentos e a paisaxe onde se desenvolveron. Este descubrimento demostra unha fonda relación, un determinismo xeográfico, mediado pola psicoloxía, entre a paisaxe e aspectos relevantes da cultura da gaita de fol no noroeste peninsular.

Pablo Carpintero, é músico, artesán e investigador. Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posuidor do Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música, está a realizar no momento desta charla os estudos de doutorado, sobre a gaita de fol, no Departamento de Historia da Arte da USC. Ttraballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia, foi consultor da UNESCO para temas relacionados co PCI, e formou parte do comité de expertos que a UNESCO designou para escoller as obras mestras do PCI da humanidade. Ten editado múltiples traballos de investigación e discográficos e na actualidade traballa como artesán especializado na factura de todo tipo de instrumentos musicais tradicionais galegos (gaitas de fol, tambores, bombos, pandeiretas, requintas etc.).

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.