Conferencia: “Mais alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies”. Llorián García
ConferenciasO Serán desta aldea... Xornada do Baile Comunal. Ano 2019
Charla impartida por Llorián García no marco da celebración da segunda edición d'O Serán desta aldea... Xornada do Baile Comunal, organizada o pasado domingo 3 de Novembro de 2019 en Mondariz pola AGG en colaboración co Concello e da Deputación de Pontevedra. Unha xornada lúdico na que compartir tradición, tocando, cantando e bailando. Esta actividade ten como obxectivo recoñecer a aquelas mulleres que tiveron un papel fundamental na preservación da nosa cultura como as grandes portadoras da nosa tradición. Para elo homenaxeamos cada ano un barrio ou aldea e ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar a estas grandes mestras como referente vivo que teñen que ser. Este ano a xornada estivo centrada no barrio de Cernadela (Riofrío - Mondariz) e as informantes homenaxeadas foron ás pandeireteiras de Cernadela.
Llorián García Flórez é gaiteiro e etnomusicólogo asturián. Como investigador, esta licenciado en Historia e Ciencias da Música e becario predoutoral da Universidade de Oviedo.