Conferencia: “Florencio, O Cego dos Vilares: Aproximación ó estilo interpretativo a través da análise microtonal”. Felipe Rodicio
ConferenciasXornadas arredor da música tradicional. Ano 2019
Charla impartida por Felipe Rodicio no marco da sexta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 28/9/2019.
Exposición sobre o traballo de investigación que ten como obxectivo aproximarse á figura de Florencio, O Cego dos Vilares, un dos últimos representantes da longa tradición de violinistas cantores no noreste peninsular, que se caracteriza polo uso de notas, escalas e ornamentos afastados do temperamento occidental estándar. Analizaremos a microtonalidade estructural e ornamental que empregaba na súa interpretación tanto instrumental como vocal. Posteriormente realizaremos unha análise estatística das notas que forman o ámbito de cada peza para poder comparala co estándar e achegarnos, deste xeito, ás escalas e modos empregados por Florencio.
A figura do Cego dos Vilares ten grande relevancia no panorama musical galego, comprender e analizar o seu estilo interpretativo podería axudarnos a implementar (ou non) o seu xeito na práctica actual do violín popular en Galicia.
Felipe Rodicio é Musicólogo e licenciado en ADE. Combina a súa actividade artística coa docencia regrada. No momento desta charla está traballando na análise das escalas microtonais empregadas polos violinistas cegos no noroeste peninsular. Con formación clásica, é na E-trad onde se aproxima a música tradicional. Como instrumentista forma parte de varios grupos.