Conferencia: "Evolución, morfoloxía e tipoloxía das gaitas no Noroeste Peninsular". Pablo Carpintero
ConferenciasXornadas sobre a organoloxía da gaita. Ano 2014
Neste relatorio abórdanse as diferentes tipoloxías das gaitas de fol que se coñecen no noroeste da península Ibérica dende a Idade Media ata o momento actual, así como os trocos que estas sufriron ao longo do tempo e a súa influencia sobre o resto de Europa.
Charla impartida por Pablo Carpintero no marco das Xornadas sobre a organoloxía da gaita organizadas pola AGG o 27 - 9 - 2014.
Pablo Carpintero é Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posuidor do Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música.