Conferencia: “A Galicia proxectada por NO-DO a partir do uso do folclore musical (1943-1981)”. Beatriz Busto
ConferenciasXornadas arredor da música tradicional. Ano 2017
Tese doutoral da etnomusicóloga e xa Doutora en Antropoloxía Social, Beatriz Busto Miramontes que percorre o abundante material atopado en NO-DO entre o ano 1943 e o 1981 que fai referencia explícita ao folclore galego e aos diferentes usos que se lle deron na imaxe NO-DO.
Charla levada a cabo no marco da quinta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 16 - 9 - 2017
A análise deste material é interesante posto que mostra como o franquismo –os seus organismos e institucións– fixeron un uso consciente da tradición musical galega con claros intereses políticos e propagandísticos mostrando así como a música pode poñerse ao servizo de fins de carácter políticos con implicacións claras no futuro. A tese de Beatriz Busto Miramontes, mereceu a calificación máxima, Sobresaliente Cum Laude por parte dun tribunal no que se deron cita diversos especialistas específicos entre os que se atopaban nomes como o recoñecido etnomusicólogo galego, o Dr. Luís Costa-Vázquez Mariño ou un dos grandes especialistas de NO-DO en España o Dr. Rafael Rodríguez Tranche quen asumía a presidencia do tribunal.