Conferencia: “A gaita de fol na música das élites da Francia do s. XVIII”. Lois Prado
ConferenciasXornadas arredor da música tradicional. Ano 2018
Charla impartida por Lois Prado no marco da sexta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 15 - 9 – 2018
A gaita de fol, dentro do contexto da música das elites socioeconómicas da Francia dos séculos XVII e XVIII, tivo representación nas tres institucións da música existentes: Musique de la Chambre, Musique de la Grand Écurie e Musique de la Capelle Royale. Era un instrumento moi valorado, o que permitiu que chegara ate os nosos días moito do seu repertorio. Neste relatorio, faise unha análise das características da música da gaita de fol do período histórico do dezaoito, poñendo en contexto a filiación do instrumento nos ambientes das elites sociais. Seguidamente, estudaremos como se desenvolve a música no ambiente das elites da Francia do s. XVIII e as características propias da mesma. Finalmente, estudaremos como se manifesta a gaita de fol dentro dela, axudándonos das evidencias dos tratados e métodos da época.
Lois Prado é titulado Superior en Instrumentos da Música Popular e Tradicional de Galicia no Conservatorio Superior de Música de Vigo.