Conferencia: “A formación do repertorio musical da gaita asturiana”. Alfonso Fernández

Conferencias

Xornadas arredor da música tradicional. Ano 2017

En Asturias, unha parte significativa da música popular garda estreita relación coa gaita. Este instrumento, herdanza do medievo e encarnación de anacrónicos modos de facer música, resístese á profetizada desaparición que, a consecuencia da súa incardinación nun modelo obsoleto de sociedade, parecía ser o seu destino.

Charla impartida por Alfonso Fernández no marco da quinta edición das Xornadas arredor da música tradicional organizadas pola AGG o 16 - 9 – 2017

Sustentándose na narrativa identitaria desenvolvida ao quecer do Romanticismo, a gaita inicia uns procesos de visibilización, codificación e estandarización que configuraron tanto o seu ser material como o seu universo simbólico. Estes procesos afectan especialmente á música que se lle confía e que, moldeada ao longo de varios séculos, chegou a ser un corpus discreto, estruturado e socialmente admitido como representativo do temperamento musical dun grupo humano dado. O que chamamos «repertorio da gaita asturiana» é o aquí e o agora deste camiño histórico.

Juan Alfonso Fernández García é Licenciado en Filoloxía Hispánica, Doutor en Historia e Ciencias da Música e Director do Museo da Gaita de Xixón dende 1997, así como autor de diferentes libros sobre a gaita asturiana

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.