Coloquio: "Que queremos dicir co cantar de tradición oral?". Interveñen Esther Taboada, María Vidal e Xisco Feijoó. Modera Guillerme Ignacio

Coloquios

O Serán desta Aldea... Xornada do Baile Comunal. Ano 2024

Coloquio inscrito dentro das IV Xornadas O Serán desta Aldea organizadas pola AGG, en colaboración co Concello de Mondariz e a Xunta de Galicia os días 27 e 31 de outubro de 2024.

Neste coloquio abordarase a importancia de coñecermos o significado dos textos de tradición oral que interpretamos; a pertinencia ou non de seguir cantando determinadas coplas a día de hoxe; así coma a necesidade ou non de seguir creando e popularizando outras novas que baixo a mesma estilística axuden a actualizar este importante corpus literario. Participan: coa participación de Esther Taboada, María Vidal e Xisco Feijoó e modera Guillerme Ignacio.

Esther Taboada estudou Filoloxía Galega e é profesora de Lingua Galega e Literatura na Educación Secundaria.

Guillerme Ignacio Costa é compilador, divulgador, músico e mestre de canto tradicional.

María Vidal é mestra e compiladora de música tradicional galega dende 1988.

Xisco Feijoo é un músico, cantante, bailarín galego e compilador que durante máis de 30 anos percorreu as aldeas galegas realizando un labor de recuperación de conservación e recuperación da música tradicional galega. 

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.