Coloquio: “Os Campaneiros de Vilagarcía e a súa pegada na historia da música tradicional”. Interveñen: Xosé V. Ferreirós, Carlos Rei, Ramón Vázquez Acha (Chilro) e Paulo Nogueira. Modera Cándido Meixide
ColoquiosHomenaxe Os Campaneiros de Vilagarcía. Ano 2018
Mesa de debate na Homenaxe a Os Campaneiros de Vilagarcía organizado pola AGG en colaboración con Concello de Vilagarcía o día 6 de outubro de 2018!
Interveñen: Xosé V. Ferreirós, Carlos Rei, Ramón Vázquez Acha (Chilro) e Paulo Nogueira. Modera Cándido Meixide
Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.
Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.