Coloquio: “A Foliada, un patrimonio a debate”. Interveñen Xulia Feixoo e Rafael Quintía. Modera Guillerme Ignácio
ColoquiosO Serán desta Aldea... Xornada do Baile Comunal. Ano 2023
Rafael Quintía xunto con Xulia Feixoo e coa moderación de Guillerme Ignacio abordan o tema de "A Foliada" como patrimonio.
Coloquio inscrito dentro das III Xornadas O Serán desta Aldea organizadas pola AGG, en colaboración co Concello de Mondariz e a Asociación Castromao de Mondariz os días 29 e 31 de outubro de 2023.
Xulia Feixoo é percusionista, etnomusicóloga e historiadora da arte.
Guillerme Ignacio Costa é compilador, divulgador, músico e mestre de canto tradicional.
Rafael Quintía Pereira é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no CISPAC-Centro Interuniversitario de Investigación en Paisaxes Atlánticas Culturais; Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional na especialidade de Xeografía e Historia.